
AE League 2026Empeza o torneo.
Os equipos xa preparan a súa estrea en dúas semanas de fútbol 7, premios, arbitraxe federado e ambiente de torneo na Estrada.
Acceso libre a todos os partidos
Ven ver os partidos nos tres campos da Estrada. Entrada gratuíta en todas as fases.
Torneo federado, arbitraxe oficial e seguros
Todos os partidos con árbitro oficial da RFGF. Competición homologada.
3.100€ en premios, trofeos e distincións
Premio en metálico para campión e subcampión de cada categoría. Máis MVP, goleador e mellor porteiro.
Ver bases →AE League 2026 · Cando e onde
Fins de semana: 10:00–22:00. Entre semana: desde as 17:00.
Información do torneo
Bases completas, categorías, clasificación e calendario nun único sitio. Toda a info para seguir a competición.
FAQ
Todo o que necesitas saber para seguir a AE League 2026.
Cando empeza o torneo?▼
O venres 19 de xuño arrancan os primeiros partidos da fase de grupos desde as 17:00. A gran final é o domingo 28 de xuño.
Podo ir ver os partidos?▼
Si, todos os partidos son de acceso libre e gratuíto. Consulta o calendario oficial para ver horarios e campos.
Onde se xoga?▼
Na Estrada (Pontevedra), en tres campos: Campo Municipal do Concello da Estrada, Campo Manuel Regueiro e Campo de Fútbol de Callobre (San Martiño).
Que categorías hai?▼
Tres categorías: Sénior (10 equipos, desde 2008), Xuvenil (7 equipos, nacidos 2008-2010) e Cadete (11 equipos, nacidos 2010-2012). Total: 28 equipos.
Como sigo o torneo en directo?▼
No calendario desta web podes ver partidos, marcadores e eventos en tempo real. Tamén en Instagram @aeleague_oficial.
Canto duran os partidos?▼
Dous tempos de 25 minutos con 5 minutos de descanso. O balón oficial é o modelo Copa do Mundo 2026.
Que premios hai?▼
3.100€ repartidos entre as tres categorías. Cadete: 800€ campión / 400€ subcampión. Sénior: 750€ / 350€. Xuvenil: 550€ / 250€. Máis trofeos e premios individuais (MVP, goleador e mellor porteiro).
Hai arbitraxe oficial?▼
Si, arbitraxe federado RFGF con árbitro oficial en todos os partidos. As decisións arbitrais son firmes e definitivas (non hai VAR).
Asóciate á AE League 2026
Conecta a túa marca coa paixón do deporte galego. Impacta en familias, clubs e comunidades deportivas durante todo o torneo.
Solicita o dossier de patrocinio e as opcións de visibilidade.