Resumo rápido

Bases do evento

Consulta as bases completas no PDF ao final da páxina.

Formato por categoría

Tres categorías con sistemas propios. Sénior (10 equipos, 6 partidos, clasifican os 8 primeiros a cuartos). Cadete (11 equipos, 6 partidos, clasifican os 8 primeiros a cuartos). Xuvenil (7 equipos, 4 partidos: 1º e 2º directos a semifinais; 3º-6º disputan playoff previo).

Calendario do torneo

Fase de grupos: venres 19 ao mércores 24 de xuño. Cuartos de final: xoves 25. Semifinais: sábado 27. Final: domingo 28 de xuño.

Horarios e sedes

Entre semana desde as 17:00. Fins de semana de 10:00 a 22:00. Sedes: Campo Municipal do Concello da Estrada, Callobre (San Martiño) e Manuel Regueiro.

Inscrición (como funciona)

Primeiro formulario en liña, a organización revisa e acepta e, tras a aceptación, facilítanse os datos para o pagamento. Sen pagamento confirmado non hai praza.

Plantillas e documentación obrigatoria

10-15 xogadores por equipo (adestrador obrigatorio; 2º adestrador e utillero opcionais). No formulario pídeselles: xogadores (nome, DNI, data de nacemento e se é federado, equipo) e staff (nome, DNI, data de nacemento).

Pagamento e condicións

Pagamento por transferencia ou en efectivo (previa confirmación). O pagamento non é reembolsable, salvo cancelación do torneo pola organización.

Documento oficial

Consulta as bases completas no PDF incrustado a continuación.

Abrir PDF

Listos para competir?

Inscribe o teu equipo e entra na revisión de prazas.

Inscribe o teu equipo agora
Bases oficiais · AE League 2026